O vindeiro sábado 20 de Xaneiro, once alumn@s do noso centro participarán na fase intercomarcal de Campo a Través, a celebrar no circuito dos Menhires, na Torre, en A Coruña, estes corredores foron clasificados na fase local celebrada no mes de novembro en Carballo, organizada polo Concello e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.
Aquí vos deixamos o enlace cos alumn@s clasificados...e
SORTE A TOD@OS O SÁBADO!!!!
Un curso mais o noso centro levará a cabo o vindeiro 30 de xaneiro a CARREIRA SOLIDARIA en favor da entidade SAVE THE CHILDREN. A través desta iniciativa nos movilizamos e loitamos para defender os dereitos dos nenos en risco de morrer de fame, é o obxetivo da carreira nos centros educativos organizadores. Cada kilómetro recorrido conta para chegar á meta: conseguir que todas as nenas e nenos do mundo teñan asegurado ó cumprimento dos seus dereitos. Trátase de sensibilizar e recaudar fondos para defende-los dereitos doutras nenas e nenos nunha situación máis vulnerable.
Como nas edicións anteriores esperamos a vosa colaboración na iniciativa e que o alumnado comprenda a importancia desta xornada.
Vos deixamos o enlace coa web SAVE THE CHILDREN_KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
https://www.savethechildren.es/kilometros-de-solidaridad
e tamén un enlace á Galería de fotos da carreira do curso pasado.
O pasado venres 1 de Decembro fomos todos os alumn@os de Primaria a patinar sobre Xeo, na pista instalada no Paseo Barrie da Maza na Coruña, era unha pista moi grande e tódos a probaron, uns máis que outros pero foi unha gran experiencia para aqueles que nunca foran, deixamos aquí algunha fotiño pero podedes ver máis na GALERÍA DE IMAXES.
AQUÍ DEIXAMOS O DOCUMENTO EN PDF PARA VER OS ALUMN@S CLASIFICADOS NO CROSS DE CARBALLO, QUE ACCEDEN Á FASE INTERCOMARCAL NA CORUÑA NO VINDEIRO MES DE XANEIRO, NORABOA A TODOS!!!!!
Premendo no enlace tamén podedes ver os
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CLASIFICADOS.pdf | 215.84 KB |