CEIP Froebel

Galería de imaxes


Inicio Entrar
Volver a Froebel Álbums Últimas subidas Últimos comentarios O máis visto O mellor puntuado Os meus favoritos Buscar
Inicio > Curso 2023/24 > Actividades complementarias

Xornada de xogos na Illa do Covo


_2024-06-20_at_10_44_16_281529.jpeg

Xornada de xogos, música e convivencia na Illa do Covo.
Ante os días de choiva, que impediron a última saída do curso, houbo que improvisar unha xornada para xogar e facer algo de exercicio coma despedida do curso.
Así, o día acompañou, os nenos e nenas portáronse moi ben -coma sempre- e quedamos con bonito recordo deste día.
Saúdos!

35 ficheiros, último engadido a xun 20, 2024
Álbum visto 17 veces

Xornada de deportes na praia fluvial


2024-06-05__281029.jpeg

Salvamento acuático, balonmán, xogos...
Unha xornada de convivencia e actividade física na praia fluvial do Lérez

10 ficheiros, último engadido a xun 05, 2024
Álbum visto 13 veces

Visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre


P1060213.JPG

Despois de traballar o tema da Prehistoria unha boa opción foi acercarse ata o PAAR de Campo Lameiro para comprender relevancia da Idade de Bronce e coñecer algúns dos petróglifos máis espectaculares da nosa contorna, nunha xornada de convivencia e actividade ao aire libre.
Deixamos algunhas fotos deste día.
Saúdos!

34 ficheiros, último engadido a xun 02, 2024
Álbum visto 8 veces

Piragüismo dragóns


P1050052.JPG

As actividades complementarias sempre se programan buscando experiencias para o alumnado que reforcen os nosos proxectos educativos.
Neste caso o piragüismo en dragóns é unha oportunidade para traballar a necesaria colaboración entre a tripulación e a sensación de logro cando todos remamos nunha mesma dirección.
Deixamos algunhas fotos desta xornada de actividade física saudable.
Un saúdo,

17 ficheiros, último engadido a mai 31, 2024
Álbum visto 14 veces

Obradoiro "Somos iguais"


P1050003~0.JPG

Raquel Queizás estivo no noso centro coa súa maleta, onde traía moitos contos para traballar a igualdade co noso alumnado de 1º e 2º primaria.

6 ficheiros, último engadido a mai 31, 2024
Álbum visto 11 veces

Obradoiro de Ed. Ambiental


P1040139~0.JPG

Algunhas imaxes desta actividade de Ed. Ambiental grazas á colaboración de Polo Correo do Vento

12 ficheiros, último engadido a mai 30, 2024
Álbum visto 20 veces

Actividade de iniciación ao Salvamento deportivo


P1060025.JPG

5 ficheiros, último engadido a mai 30, 2024
Álbum visto 8 veces

Excusión a Fieitás


P1060083.JPG

Deixamos algunhas das imaxes deste día de convivencia do alumnado de 1º ciclo.

36 ficheiros, último engadido a mai 30, 2024
Álbum visto 18 veces

Xornada de iniciación ao tenis


P1040113~0.JPG

O pasado 16 de abril o noso alumnado de 3º de primaria puido probar o xogo do tenis nunha xornada de convivencia con nenos e nenas doutros centros de Pontevedra.
Achegamos algunhas imaxes desta xornada.
Saúdos!

14 ficheiros, último engadido a abr 29, 2024
Álbum visto 14 veces

Visita do 1º ciclo ao Acuario do Grove


P1040072~0.JPG

29 ficheiros, último engadido a abr 29, 2024
Álbum visto 20 veces

Saída a Apípolis


P1050454.JPG

Estimadas familias:
Cun pouco de atraso, achegamos as fotos desta actividade que realizaron os nosos alumnos e alumnas da etapa de infantil para que teñades unha idea do que foi esta xornada.
Se hai algunha foto que consideredes que non debería de estar subida, avisádenos e será retirada o antes posible.
Recibide un cordial saúdo,

58 ficheiros, último engadido a abr 25, 2024
Álbum visto 22 veces

Xornada multideportiva con 3ºEP


P1050387.JPG

Magnífica xornada a de hoxe.
Lugar incrible, máxima implicación dos diferentes colaboradores e moita diversión para os máis de 150 alumnos e alumnas que participaron nesta actividade.
Achegamos algunhas fotos que mostran bastante ben a organización deste día.
Un saúdo cordial e esperamos que vos gusten.

24 ficheiros, último engadido a mar 19, 2024
Álbum visto 23 veces

Taller prevención dor de costas (II)


P1050317.JPG

Seguimos incidindo na necesidade de moverse como prevención das patoloxías da espalda.
Nesta sesión, aprendemos o concepto de "snacks de exercicio".
Un saúdo!

13 ficheiros, último engadido a mar 17, 2024
Álbum visto 13 veces

iniciacións deportivas en 3ºEP


PXL_20240313_121808409.jpg

Deixamos algunhas das fotos de estes días nos que estamos a preparar o encontro multideportivo do martes 19 no pavillón dos deportes.
Un saúdo,

26 ficheiros, último engadido a mar 18, 2024
Álbum visto 29 veces

Multideporte 1ºEP


PXL_20240311_112051874.jpg

Dentro do noso proxecto de vida activa e deportiva, o pasado luns probamos os encontros de xogos entre centros en formato multideporte.
A proba foi exitosa, así que engadimos aos cursos máis pequenos a estas xornadas de convivencia e ocio activo.

5 ficheiros, último engadido a mar 17, 2024
Álbum visto 20 veces

8M na radio da biblio


2024-03-08_at_18_35_28729.jpeg

Este venres foi 8M. Día de reivindicación que levado ao contexto do noso alumnado pode ser cunha das cancións tradicionais onde os roles asignados non era os máis apropiados.
Ademais, foi unha boa oportunidade para comezar coa nosa radio que irá medrando pouco a pouco.
Un saúdo!

8 ficheiros, último engadido a mar 09, 2024
Álbum visto 29 veces

Alimentes


_2024-03-08_at_18_36_28529.jpeg

O noso alumnado de primeiro ciclo desplazouse a pasada semana ata un dos supermercados de Gadis dentro do programa Alimentes que promove un consumo responsable e unha alimentación saudable.
Unha boa experiencia da que deixamos algunhas imaxes.
Un saúdo!

5 ficheiros, último engadido a mar 09, 2024
Álbum visto 30 veces

Visita ao Salón do Libro


2024-03-08_at_18_36_28629.jpeg

Achegamos algunhas imaxes desta actividade na que participaron alumnado de infantil e 1º ciclo da primaria

8 ficheiros, último engadido a mar 09, 2024
Álbum visto 32 veces

Saída de campo polo alumnado de 1ºEP


P1010935.JPG

Estimadas familias:
No día de onte o alumnado de 1º tivo unha clase de traballo de campo na alameda.
Coa idea de relacionar o aprendido nas distintas áreas e ter unha xornada de convivencia, desprazámonos ata esta zona verde para desenvolver a capacidade de observación e promover as aprendizaxes coma unha tarefa de descubrimento.
Achegamos algunhas fotos desta xornada.
Un saúdo cordial,

45 ficheiros, último engadido a feb 29, 2024
Álbum visto 19 veces

Xornada de iniciación ao atletismo


PXL_20240227_103427662.jpg

Onte o alumnado de 4º tivo unha xornada de contacto co atletismo en pista.
Nas instalacións do CGTD puideron probar a lanzar vórtex, peso; facer carreiras nas pistas e probar amodalidade de remudas.
Unha boa xornada de ocio e convivencia das que vos deixamos algunhas imaxes.
Saúdos!

23 ficheiros, último engadido a feb 28, 2024
Álbum visto 25 veces

35 álbums en 2 páxina(s) 1