Skip to Content

Información de secretaría

Documentos relacionados con temas de secretaría

SAIDAS E ENTRADAS CURSO 2017/2018

Resumo da Instrución conxunta 9/2017 da Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída de alumnos escolarizados en centros educativos públicos ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar:

 

No enlace pódese consultar o resumo da instrución da secretaría sobre a saída de alumnos/as.

 

Enlace

 

HORARIO DE ENTRADA PARA O INICIO DE CURSO : 11/09/2017

O horario de entrada do alumnado para o vindeiro día 11 de setembro será o seguinte:

 

EDUCACIÓN INFANTIL :

  • 4º nivel (3 ANOS) : Comentarase na reunión do día 7
  • 5º nivel (4 ANOS) : 10:45
  • 6º nivel (5 ANOS) : 10.30

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 1º e 2º nivel : 11.30
  • 3º e 4º nivel : 10.15
  • 5º e 6º nivel : 9.30

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNOS/AS 4º EDUCIACIÓN INFANTIL

O vindeiro día 07 de setembro de 2017 celebrarase, unha reunión informativa para os pais e nais dos alumnos/as de 4º de educación infantil as 11:oo horas

RECOLLIDA DE HISTORIAIS ACADÉMICOS DE 6º ED. PRIMARIA

Os pais/nais/titores do alumnado de 6º Ed. Primaria poderán recoller os Historiais Académicos en horario de 10.00 a 13.00 h. na secretaría do centro.

 

SUPRESIÓN LIÑAS DE TRANSPORTE DE ARTES-VERDILLO E BALDAIO

Comunícase que ao  centro lle foi notificada  a supresión das liñas de transporte escolar Artes/Verdillo e Baldaio para o curso 2017-18.

 

Convócase a todos os pais/nais afectados a unha reunión na Biblioteca do centro o mércores 8 de marzo ás 16.00.

Distribuir contido


by Dr. Radut