Skip to Content

Información de secretaría

Documentos relacionados con temas de secretaría

HORARIO DE ENTRADA PARA O INICIO DE CURSO MÉRCORES 11/09/2019

 

O horario de entrada do alumnado para o vindeiro día 11 de setembro será o seguinte:

 

EDUCACIÓN INFANTIL :

  • 4º nivel (3 ANOS) : Comentarase na reunión que se celebrará o 09/19/2019   as 18:00 no Forum
  • 5º nivel (4 ANOS) : 10:30
  • 6º nivel (5 ANOS) : 10.30

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

  • 1º e 2º nivel : 11.00
  • 3º e 4º nivel : 10.15
  • 5º e 6º nivel : 9.30

A ENTRADA SERÁ POLOS PORTALÓNS DA AVENDIA BERGANTIÑOS. O que está situado enfrente da librería TELDI para os alumnos/as de infantil e o está enfrente da cafetería XUVENTUDE para primaria.

 

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO. REUNIÓN DOS PAIS DO ALUMNOS DE 4º E.I.

Por mor da obras do centro, acordouse tras diversas xuntanas coa ANPA, Dirección do Colexio, Concello e Consellería, o seguinte:


a)Para garantir o afastamento total do alumnado da obra e dos andamios instalados no centro, acordouse que o alumnado de E. Infantil entrará polo portalón sito na Avenida de Bergantiños, frente á librería Teldy. Ese portalón e patio estarán completamente separados e aillados do patio de primaria por un pechamento o que permitirá a recepción persoal do alumnado polo profesorado de E. infantil e a súa posterior entrega personalizada.

b) O alumnado de E. primaria entrará exclusivamente polo portalón da Avenida de Bergantiños fronte á cafetería Xuventude. Esa entrada e parte do patio ocupará exclusivamente a zona das canchas de baloncesto e estará separada da zona de E. infantil antes nomeada e separada completamente por unha distancia superior aos 100 metros das zonas de andamiaxe máis cercanas á Avenida de Laxe.

c) O patio actual de E. infantil estará completamente pechado durante todo o tempo que estén as obras alí instaladas co que será imposible que ningún alumno/a se poida acercar a él namentras dure a obra evitanbdo así calquera risco. 

d) No remate desta período de obra, as andamiaxes trasladaranse a outra metade do centro e pasarán a ocuparse as zonas que queden baleiras, de tal xeito que será imposible que o alumnado estea nunca preto de zonas de andamiaxe e colocación de SATE.


e) O servizo de comedor no comezará en ningún caso antes do día 16 de setembro por mor de garantir a viabillidade axeitada deste servizo con todas as garantias hixénico-sanitarias.

f) O servizo de autobus, tanto na recepción como na entrega do alumnado, tera lugar pola Vila de Ordes, pois todos os portalóns sitos na Vila de Laxe permanecerán pechados e sen acceso para todo persoal alleo á obra.

g)As actuacións no interior do colexio que non estean feitas o día 10 setembro terán lugar sempre a partir das 15,30 da tarde cando xa non existan rapaces no Centro.

h) Extremaranse todas as medidas para garantir que diminuan completamente todo o que poida afectar ao rendemento educativo do alumnado e de xeito moi especial no caso de alumnos con ANEAE. Atendendo á normativa paralizaranse todos os traballos que supoñan ruidos salientables durante a xornada lectiva.

i) A colaboración de todos os membros da comunidade educativa permitirá un desenvolvemento máis áxil e máis seguro de toda esta reforma e permitirá que as incomodidades e riscos sexan moitos máis liviáns.

k) O vindeiro luns, día 09, as 18,00 horas, terá lugar unha xuntanza no Forum cos pais/nais de 4º de E. infantil.

Agradecemos a todos a súa colaboración e transmitimos en nome de todos os estamentos antes citados, que xuntos traballaremos conxuntamente para facer o máis sinxelo posible este período que loxicamente terá algunha incomodidade.

REUNIÓN INFORMATIVA

O venres día 6 de setembo as 10:00 celebrarase unha reunión informativa sobre o comenzo do curso escolar no Forum de Carballo (na Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n 15100 Carballo)

NOTA INFORMATIVA

Por mor das obras do colexio a entrada ao colexio para temas administrativos durante a semana do 2 ao 5 de setembro será pola porta da ANPA

Peche da secretaria

obras Desde o día de hoxe ata o 2 de  setembro o colexio e a secretaria permaneceran pechados  por mor das obras que se están a levar a cabo.
Distribuir contido


by Dr. Radut