Curso 2010/2011
O Maio
Posted Abril 27th, 2020 by amarcosXa podedes ver as fotos deste ano picando AQUI e tamén ler o artigo do Faro
.
Aquí tedes un LIM sobre o noso Maio, esperamos que vos guste...
1.º CANCIONEIRO C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN
Posted Maio 16th, 2012 by xurxoboPodedes ler e escoitar algunhas cantigas que aprendemos e recollemos pola zona. Non todas as que incluímos no cancioneiro, xa que só se permiten subir as que non teñan copyright.
BALONKORF
Posted Abril 10th, 2011 by amarcosPara poder ver toda a información sobre o deporte do BALONKORF que vos pode axudar a comprendelo ben e a realizar o voso traballo facede click aquí
FOTOS DA SAÍDA A VIGO. CONCERTO E VERBUM
Posted Marzo 5th, 2011 by amarcosXa están na galería as fotos da saída que fixemos a Vigo para asistir ao concerto das "Formas na música" e a visita guiada ao Verbum, pica na imaxe e verás máis:
XA TEMOS BLOGUE DA CHARCA!!
Posted Febreiro 25th, 2011 by amarcosNeste blogue poderedes comprobar os cambios que se van producindo na nosa charca, así como páxinas de interese para consultar, traballos que queirades publicar...
10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos
Posted Decembro 1st, 2010 by amarcos25 de novembro "Día contra a violencia de xénero"
Posted Novembro 25th, 2010 by amarcos
25 de novembro.
Dicimos NON á violencia contra a muller. Dicimos NON a calquera tipo de violencia.
En todos os países medran as denuncias de vítimas de violencia de xénero, nalgúns casos un 400% máis que hai dez anos. Algúns grupos de mulleres son particularmente vulnerables á violencia: as mulleres pertencentes a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as inmigrantes, as mulleres que habitan en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidades, as anciás e as mulleres en situacións de conflito armado.
Porque todo tipo de discriminación é violencia, non o esquezamos. O maltrato pode ser psíquico, físico, pero é maltrato. As vexacións, os acosos, as desigualdades, son maltrato. E porque pretendemos e queremos un mundo de iguais, estamos hoxe aquí, unha soa voz, un único berro en contra da Violencia contra as mulleres.
Non á violencia de xénero!
Aquí tedes o trailer de "Buda explotou de vergoña":
Saída a Cangas
Posted Novembro 24th, 2010 by amarcosAs fotos da visita guiada ao casco vello de Cangas xa están na galería de fotos, pícade nesta imaxe e veredes máis...