Skip to Content

Medidas excepcionais ante o coronavirus (13/03/2020)

Prezadas familias:

Diante da situación excepcional motivada pola pandemia do coronavirus e as medidas  decretadas polas autoridades sanitarias e educativas, comunicamos:

Medidas excepcionais coronavirus

 

Agradecendo a vosa colaboración e desexando superar esta situación con moito ánimo e serenidade, o equipo docente remite un cordial e afectuoso saúdo.

Vacantes para o curso 2020-2021

 

Prezadas familias:

Seguindo co proceso de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 202-2021, publícase a listaxe de vacantes ofertadas e solicitudes recibidas. Ante calquera dúbida, prégase contactar co teléfono 886 120 115. Grazas

 

 

* De acordo co apartado segundo da Resolución de 5 de maio de 2020 e pese a non ofertarse vacantes, é preciso baremar a solicitude presentada para 3º de Educación Primaria, polo que o solicitante pode aportar a documentación justificativa do baremo que considere precisa antes do 25 de maio de 2020.

Matriculación Curso 2020-2021: Primaria e Secundaria

Prezadas familias:

 

Xa está aberto o prazo para solicitar reserva de praza no IES Álvaro Cunqueiro, centro de ensinanza secundaria adscrito ao noso colexio. As familias recibirán nestes días un formulario  para cumprimentar e entregar na secretaría do colexio (José Antonio- Esther) que o tramitarán posteriormente ao instituto. O prazo de entrega de solicitudes remata o sábado, 15 de febreiro.

Para as familias que decidan solicitar praza noutro IES deberán esperar á apertura de prazo ordinario ( do 1 ao 20 de marzo) e solicitalo directamente no instituto o que decidan ir.

En documento adxunto (formato .pdf)  tedes a información remitida ás familias  o calendario do proceso de admisión de alumnado (calendariomatricula20_21)

Para o alumnado de Educación Infantil e Primaria que continúe no centro, non hai que reservar praza. O proceso de adscripción é automático. As familias interesadas en matricularse por primeira vez no noso centro (infantil e primaria) poderán facelo na apertura de admisión do alumnado en período ordinario ( do 1 ao 20 de marzo) según recolle  a normativa actual  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, ORDE do 12 de marzo de 2013 e ORDE do 25 de xaneiro de 2017)  na nosa secretaría

 

  Ante calquera dúbida, contactar coa secretaría do centro: 886 120  115. Recibide un cordial saúdo.

Admisión alumnado


 

 

Canción do Día da Paz

Ola a todos/as:

Deixámosvos a canción que imos cantar o do Día da Paz.  Practicádea moito!!!!!!

Saúdos

 

Fai click na imaxe para acceder ao vídeo

 

Teatro de Inglés para Infantil, 1º e 2º

Ola a todos/as:

Aquí os deixamos as cancións do teatro de inglés que corresponden a obra de "Tin soldier", que serán representadas para o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria.

Ainda que xa as estamos a practicar na clase, aninámosvos as seguir practicando dende casa.

Un saúdo.

Fai click na imaxe para acceder ao vídeo

 

 

 


Distribuir contido


by Dr. Radut