Este venres día 1 de abril, celebramos no centro o Día da Árbore e da Auga coa prantación dun ameneiro e a eleción ó azar dun nome para este, resultando elixido "Precioso" de Leo.
Esta actividade conlevou un traballo semanal de lectura dun conto sobre a temática e a realización de actividades sobre el.
É unha iniciativa promovida pola Deputación de Ourense na que participamos tódolos anos.