Skip to Content

Responder ó comentario

LETRA M (II). PALOMA.

Esta semana seguimos a coñecer a letra M.

A continuación vouvos poñer dúas cancións e unhas poucas actividades para realizar na casa, mirade ao final desta publicación.

CANCIÓNS: 

¿Cómo es la letra M?

https://www.youtube.com/watch?v=K8WNqG0Hrhk&list=PLG5KenWC0odsZB87NsWj-KzRWBk4OCdZ8&index=25&t=0s

Aprende la letra "M" con el Monstruo Martín

https://www.youtube.com/watch?v=8ccdWw9YcyI

 

 ACTIVIDADES:

  • Escribir libremente sobre un papel as sílabas: MA, ME, MI, MO, MU. Podedes utilizar maiúsculas ou minúsculas. A partir de 5 anos é máis recomendable as minúsculas.
  • Escribir de cada sílaba tres palabras que comecen por esa sílaba. Exemplo: MA: MAN – MAZÁ – MALETA.
  • Pensade nos nomes dos nenos e nenas da clase e escribide nun papel os que comecen por M (Mía, María Asorey, María Araujo e Miguel), despois podedes facer un debuxo de un ou unha deles.
  • Por último, escribir unha frase sinxela que comece polo nome dun neno ou nena da clase e teña unha ou dúas palabras con M. Exemplo: Mía come unha mazá. Escribimos a frase na parte de encima de un folio, os nenos e nenas escríbena debaixo e despois fan o debuxo.

 

Estas actividades son para facer en varios días en función do ritmo de aprendizaxe dos nenos e nenas.

O día 14 de abril continuaremos as actividades na web e contactarei con todas as familias. Un saúdo.

Vacacións de semana santa 2020: do venres 3 de abril ao martes 14 de abril de 2020.

 

 

 

Responder



by Dr. Radut