Skip to Content

REBORRADIO 

 

2021-2022

AQUÍ GOZAMOS DA LECTURA!

Presentámosvos a última das actividades do progama de Lectura e Familias. 

Foi marabilloso compartir este novo proxecto de Lectura e Familias xunt@s. Sen vós non sería posible.

Facemos unha parada e vos esperamos o vindeiro curso para seguir esta fermosa viaxe.

Graciñas pola vosa participación!

Contaxiade o desexo de ler!

AGASALLO DAS ASESORÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Estamos rematando e temos un agasallo de parte das bibliotecas escolares para algunhas familias participantes do programa Lectura e Familias.

Moitísimas grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares por esta sorpresa!

E familias, non perdades a oportunidade... Contade moito!

 

MISIÓN... BANDA DESEÑADA

Tepo e Tepa lanzaron unha misión para as familias de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Tratábase de completar cun texto as bandas deseñadas.

Pasádevos pola biblioteca e veredes que historias tan curiosas conseguiron!

Sodes xeniais! 

Graciñas por participar!

 Premede na portada para ver un avance.

  

ILUSTRAMOS... ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

Enmarcado no programa Lectura e Familias, dentro das actividades de Lendo Xunt@s, as familias de educación infantil, 1º e 2º de primaria ilustraron coas súas creacións o poema de Rosalía, Adiós ríos, adiós fontes.

Na biblioteca poderedes ver o libro co poema completo e os debuxos.

Parabéns familias polas vosas achegas!

 

O CONTO QUE PERDEU AS PALABRAS

Presentámosvos as adaptacións que fixeron as familias de 1º e 2º de primaria, do conto Ricardo, o escultor do escritor Gianni Rodari  e da ilustradora Montse Tobella

Non podemos estar máis orgullosos de vós! 

Todas as historias estarán na biblioteca dispoñibles para que poidades lelas con calma.

Aquí vai un avance... Seguro que vos encanta!

 

Premede na imaxe. Descubriredes unha sorpresa...

 

 

MULLERES CIENTÍFICAS

Estamos rematando o curso e as nenas e os nenos de terceiro de primaria quixeron agasallar a Tepo e Tepa cun vídeo que gravaron sobre Rachel Carson e Ángeles Alvariño, dúas importantes mulleres que contribuíron cos seus descubrimentos científicos.

Noraboa, rapazada!

Quedouvos xenial!

 

 Durante este verán, Tepo e Tepa van buscar novos libros que seguro a estes rapaces e rapazas lles van encantar!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NO VERÁN

Tepo e Tepa preséntanvos unhas suxerencias lectoras para este tempo de verán, que está a piques de comenzar.

Non perdades detalle! Boas lecturas!

 

        

            

 

CONTACONTOS NA BIBLIO

Rematando o curso, tivemos na biblio sesión doble de contacontos.

O luns 23 de maio visitounos Ángeles Escribano. Gozamos coas súas historias.

Palabras con corazón, A máscara do león, ¿Qué te gustaría ser?, La avellana... son algunha delas.

 

E o martes 24 de maio, Trémola-Teatro representou "Unha nena moi moi valente".

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Celebramos a Semana Cultural das Letras Galegas!

Teatro: A que sabe a Lúa?, a cargo de Margarita e Vanesa, dúas nais da anpa.

Exposición da biografía de Florencio Manuel Delgado Gurriarán polo alumnado de 6º.

Recital poético.

Charla didáctica e actuación de Pancho Álvarez.

Coreografía de Terra, Tanxugueiras.

Participación no Correlingua dos cursos de 1º, 2º e 5º de primaria.

Libro de lapelas.

 

 

PAULA CARBALLEIRA: CONTAR PARA O SÉCULO XXI

Ola, familias!

Enmarcado no programa Lectura e Familias o martes 10 de maio ás 16:30 horas recibimos na nosa biblioteca a Paula Carballeira.

Paula Carballeira é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e a narración oral.

Vainos ofrecer o obradoiro "Contar para o século XXI" e mostraranos estratexias para que contar contos sexa unha actividade en familia do máis pracentera.

Non podedes faltar!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut