25 de outubro, Xornada Biblioteca Creativa
O venres 25 de outubro, o centro participou nunha xornada en Santiago como centro integrado no programa Biblioteca Creativa. Ao longo da mañá o ilustrador e escritor Pablo Otero realizou un taller de creación.Xa pola tarde, tivemos a oportunidade de coñecer experiencias que xa están levando a cabo algúns centros pioneiros nestes programas . Pechou a xornada Arantxa Mariscal, directora da biblioteca de creación UBIK, de Donostia, para falar da incorporación do comunitario á biblioteca.
- %count lecturas