Eventos
Mar | ||
---|---|---|
O alumnado de sexto de primaria participa nunha excursión a Madrid onde participarán en moitas actividades, visitando os lugares máis lúdicos desta cidade como A Warner, o Zoo-Acuario, Aquópolis ... Na semana do 3 ao 7 de xuño nos recreos de primaria; da mañán e do comedor desenvolverase unha actividade de Xogos alternativos. O obxectivo é dar a coñecer diferentes alternativas de xogos para realizar nos momentos de recreo no patio. Esta actividade está organizada pola anpa Andaravía. Catro monitores dirixirán estas actividades. PROGRAMA: LUNS 3: Petanca,tira soga, fútbol sen balón e pañuelito. MARTES 4: Bolos e bolos celtas, carreira de sacos, quitar os rabos ó raposo, galiña e pedra MÉRCORES 5: Carreira de zancos, a ra, atrapa a bandeira, escondite cooperativo. XOVES 6: Aro na botella, petanca, pañuelito con dous panos, aire, terra e mar. VENRES 7: Bolos, carreiras de sacos, a araña, pedra, papel tesoira con aros.
Que ben o imos pasar!!!!!! |