Skip to Content

Periodo de admisión curso 2024-2025

 TELÉFONO PARA DÚBIDAS: 881880546-881880547

WHATSSAP: 698132476

 

DATA: 1-20 DE MARZO DE 2024

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO: ED550B

ADXUNTOS: SOLICITUDE EN GALEGO E EN CASTELÁN.

  

PRAZOS PARA TRAMITAR O PROCESO DE ADMISIÓN:

  • Publicación das vacantes: antes do 1 de marzo
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.
  • Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR COA SOLICITUDE

  • Fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do neno/a.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

Poderase solicitar documentación complementaria, no caso de que o número de solicitudes sexa maior que o de prazas vacantes

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 1.   Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. No centro educativo entregámosvos a solicitude.

2. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”.  Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

3. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.

NORMATIVA

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil.

 

AdxuntoTamaño
Admisión en castelán.pdf1.4 MB
Admisión galego.pdf1.39 MB
ADMISIÓN LUMNADO (1).png150.71 KB


blog | by Dr. Radut