Skip to Content

blogue deOlalla

Libros de texto 2024-2025

Formalización da matrícula

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

(20-28 de xuño)

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR NA FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

Anexo III-Formalización da matrícula

Fotocopia dos DNI dos proxenitores ou titores legais, e de ter, do alumno/a

Certificado do padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.

Copia do libro de familia, e de ser o caso, sentencia de separación ou divorcio e/ou convenio regulador

Informe médico do neno/a.

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Libro de vacinación

Dúas fotos tamaño carné.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR QUE ENTREGA O CENTRO

Cuestionario sobre a lingua materna

Cuestionario sobre o neno/a. (Entrevista inicial de 3 anos)

Transporte e comedor (solicitudes e documentación de recollida do alumno/a).

Impreso de saídas pola contorna

Impreso dereitos de imaxe

Impreso mudar roupa

Alerxias

Sorteo público

Bo día: 

O venres 7 de xuño de 2024 ás 12:30 h faráse o sorteo público dos membros que formaran parte da mesa electoral para as elección.

A mesa electoral estará composta por: 

-A dirección do centro, presidirá a mesa

-Dúas nais/pais/titor/a legal, designados por sorteo público, actuando como secretario/a a persoa de menor idade. En previsión de posibles ausencias, no sorteo designaranse titulares e suplentes.

 

A votación (que será o 20 de xuño) do sector de pais, nais ou titores legais realizarase no centro educativo, nunha única xornada cunha duración establecida pola dirección do centro e que non será inferior a oito horas.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 21/5/2024 A 21/6/2024, INCLUÍDOS

Procedemento administrativo:  ED330B

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

·        

Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

·        

Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].

·        

Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

·        

Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria

·        

NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]

·        

A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

Admisión

Estimadas familias: 

Todo o alumnado que solicitou a admisión de praza no CEIP de Bormoio-Agualada está admitido. 

Poden consultar as listaxes no taboleiro interior que hai na entrada do colexio. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut