As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil e educación primaria, comezaran o día 8 de setembro de 2022. Convocaranse reunións xerais antes do comezo de curso.
O horario no mes de setembro será de: 09:45 a 14:45.
Comezan os procesos de constitutución do Consello Escolar.
Hoxe publícase no taboleiro de anuncios do Centro a data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros, da Xunta Electoral (Artigo 30 do decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1995, e decretos 324/1996 e 374/1996, e 7/1999).
Do mesmo xeito, podedes consultar o censo dos pais/nais e titores legais na secretaría do centro.