Ao longo deste curso, todo o alumnado do centro participou do proxecto Edukasano promovido pola Universidade de Vigo e o Concello de Marín.
O tema central do proxecto foi a promoción de hábitos saudables entre os alumnos e alumnas co deseño dunha serie de programas centrados na alimentaación e na actividade física.
O proxecto Edukasano ten como obxectivo avaliar a efectividade dunha intervención comunitaria a través dunha metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS) que contribúa a mellorar os hábitos de vida relacionados coas prácticas de actividade física e unha dieta equilibrada.
O eixo temático das UDIS traballadas foi o Camiño de Santiago - "Creando camiño dende o meu cole" e compartimos con toda a comunidade o resultado final obtido.