Aplicación para mellorar a competencia lectora
Dende o Centro de Recursos e Profesores de Mérida chéganos unha aplicación para traballar a aprendizaxe da lectura e a mellora da velocidade lectora.
Autores: Santiago Ortiz, Diego Guerrero e Santiago Campo.
Permite ler tanto palabras como textos á velocidade que nós lle indiquemos previamente.
Ten unha proba de velocidade lectora e é totalmente configurable de xeito que permite crear listas de palabras e textos a gusto do usuario.
Tamén dispón dun manual moi completo.