O MAGOSTO
O xoves 17 de novembro celebramos no Curros a festa do magosto.
Pola mañá tivemos unha sesión de xogos tradicionais. Dividimos o patio en dúas zonas, unha para Infantil e 1º de Primaria e outra para o resto do alumnado, onde se levaron a cabo xogos adaptados en dificultade á idade dos/as nenos e nenas.
Pola tarde fixemos unha degustación de froitos secos e de froitos de outono, fogata e castañas. Por suposto non faltou o baile.