Pesas e medidas
No laboratorio do noso colexio fixemos un obradoiro de pesas e medidas. Os pequenos entre balanzas, básculas e vasos para medir a volume. Os maiores con básculas de precisión, granatarios, dinámómentros, probetas, pipetas e buretas. Estamos feitos uns auténticos científicos.
Utilizamos os xogos de pesas e as balanzas para pesar varios obxectos.
Tamén aprendemos a calibrar os instrumentos de medida.
Ademáis das balanzas utilizamos diferentes instrumentos de medida de volumes como probetas, pipetas ou buretas.
Comprendemos que medir con precisión é moi importante para o traballo de laboratorio e que para iso cómpre práctica, concentración e paciencia.