Funcións do Claustro
Son competencias do Claustro:
Elevar ó Equipo Directivo propostas para a elaboración dos proxectos educativo e curricular do Centro e da programación xeral anual.
Aprobar e avaliar os proxectos curriculares e os aspectos docentes da programación xeral anual, conforme o proxecto educativo do Centro.
Determinar cal é a lingua materna predominante entre os alumnos e alumnas, así como a lingua ambiental, co fin de que o profesorado de educación infantil e primeiro ciclo a use na clase coidando á súa vez que adquiran de forma oral e escrita o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo.
Aprobar o procedemento que permita determinar de xeito individualizado o coñecemento da lingua materna dos alumnos e alumnas co fin de que sexan atendidos adecuadamente.
Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do Centro.
Elixir os seus representantes no consello escolar do centro e no consello directivo do Centro de formación continuada do profesorado.
Propoñer todo tipo de iniciativas que tendan a mellorar o funcionamento do Centro en calquera dos seus aspectos.
Aprobar os criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos.
Aprobar a planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación.
Analizar e valorar o rendemento escolar do centro mediante os resultados das avaliacións e outros parámetros que se consideren pertinentes.
Coñecer as candidaturas á dirección e os programas presentados polos candidatos.
Coordinar as funcións referentes a orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos e alumnas.
Analizar e valorar os resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa ou calquera informe referente á súa marcha.
Colaborar coa inspección educativa nos plans de avaliación do Centro.