Funcións do Consello Escolar
O Consello Escolar ten as seguintes funcións:
Establecer as directrices e elaborar propostas para o Proxecto Educativo do Centro, aprobalo, avalialo e, se é o caso, introducir modificacións, sen prexuízo das competencias que o claustro de profesores ten atribuídas en relación coa planificación e organización docente.
Elixir o Director do Centro.
Propoñer a revogación do nomeamento do Director, logo de acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios.
Decidir sobre a admisión de alumnos, con suxeición ó establecido na lexislación vixente.
Aprobar e modificar o Regulamento de Réxime Interior do Centro.
Resolver os conflictos e impoñer as correccións con finalidade pedagóxica que corresponda a aquelas conductas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do Centro.
Aprobar o Proxecto de Orzamento do Centro e a execución del.
Aprobar e avalíar a Programación Xeral Anual do Centro, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que competen ó Claustro.
Aprobar a Programación das Actividades Extraescolares e Complementarias e avalia-lo seu desenvolvemento.
Establecer as directrices para a participación do centro en actividades culturais, deportivas e recreativas.
Establecer os criterios de colaboración con outros centros, entidades ou organismos.
Promovera renovación das instalacións e equipamento do Centro, e vixiar a súa conservación
Analizar e valorar o funcionamento xeral do Centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do Centro realice a Administración Educativa.
Colaborar coa Inspección Educativa nos Plans de Avaliación de Centro, nos termos que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza.