A FESTA DO SAMAÍN

A biblioteca transformouse nun lugar terrorífico, os días 27 e 28 de outubro, para celebrar a festa do Samaín. 
Os corredores estaban a escuras só iluminados pola luz que saía dalgunhas candeas e ao lonxe sonaba unha música terrorífica.
Os  nenos e nenas do colexio subiron á Biblioteca onde os esperaba un bruxo moi especial e morreron de medo coa dramatización do Kamishibai "O Samaín".
Logo  do susto tamén gozaron coa exposición de libros que alí había.
No Salón de Actos recreouse o bosque das ánimas para que os nenos e nenas o recorreran e se achegaran ao outro mundo, o mundo do máis alá.