Skip to Content

Cociña con amorodos.

BOS DÍAS.

Hoxe, no centro, dentro do proxecto de froita escolar, fixemos unha receita con aqueles amorodos que nos sobraron do día anterior.

Os nenos e nenas foron á cociña do cole a elaborar esta receita. Déixovos unhas imaxes de proba e tamén a receita.

Receita.

Amorodos con vinagre.

Necesitamos 1 kg de amorodos.

Dúas culleradas colmadas de azucre.

Dúas culleradas de vinagre (mazá ou viño).

Cortamos os amorodos en anacos pequenos. Botamos o azucre e o vinagre e remexemos.

Logo, remexeremos cada 30 minutos ata completar as 3 horas de maceración.

A degustar.

    

  



Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

blog | by Dr. Radut