Skip to Content

Actividade na casa

Estimadas familias..

Para manter un mínimo grao de actividade dos vosos fillos durante esta cuarentena, que parece non ter fin, vou intentar axudarvos dando unhas indicacións sinxelas coas que podemos activar aos nenos e nenas en casa, sempre dentro das posibilidades de espazo nas casas.

En primeiro lugar é moi importante un horario rutinario. Comprendo que para vós non é facil conciliar o confinamento cos fillos, o voso traballo, o espazo limitado, etc, paciencia, sen agobios, son ideas para axudar, non obrigas. Pero sí que é importante establecer unha rutina de activación, por exemplo, facer estes xogos ou exercicios 3 ou 4 veces por semana. O material que empreguemos, evidentemente será aquel que teñamos por casa, botellas de plásticos, cordas, cadeiras, cinta adhesiva etc.

Na páxina web do centro irei colgando ideas, enlaces, xogos, indicacións.

Grazas pola vosa colaboración e comprensión.

ÁNIMO.



Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

blog | by Dr. Radut