DÍA DA PAZ 2016
Como algúns/algunhas de vós xa escoitariades tararear unha nova canción aos nenos e nenas do cole, aquí vos contamos o motivo. Estamos a preparar a celebración do DÍA DA PAZ, que este ano se realizará o venres 29 de xaneiro.
Unha das actividades que máis nos está a gustar son os ensaios do baile no que todo o colexio participará esa mañá, no que formaremos varias rodas de mans unidas entonando unha fermosa cantarela do benquerido, e recentemente falecido, Xosé Neira Vilas.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo karaoke para que vaiades practicando tamén na casa! A bailarrr!
Ademais, os nenos e nenas de 6º, pecharán a celebración cunha interpretación do emblemático Imagine, de John Lennon.