O Magosto celébrase en todas as comarcas do noso País, mais con especial arraigo na zona de Ourense, Lugo e o Bierzo e organízase entorno á recollida das castañas.
Antano preparábanse as fogueiras con cachóns de breixo para asar as castañas recollidas no monte. Os mozos e mozas da aldea saltaban por riba do lume, purificándose co fume e pasándose a borralla do carbón pola cara. Ao final comíanse as castañas, o pan, o chourizo, carne do porco da matanza e bebíase viño da zona, namentres se bailaba ao son da música que facían a xente da aldea. Antigamente celebrábanse en espazos abertos ao aire libre ou nos propios soutos nos que se apañaban as castañas.
Na escola tamén celebramos o Magosto e desde o Equipo de dinamización da Lingua Galega, neste novo curso, queremos pór en valor as cantigas que falan das distintas celebracións dentro do ciclo anual.
Aquí tedes un pequeno vídeo onde cantamos unhas coplas dunha canción popular do magosto.
Desde o Equipo de Dinamización da lingua galega, como levamos facendo xa moitos anos, propuxemos ás familias que participaran na nosa tradicional mostra de cabazas ou Calacús. E coma sempre a resposta por parte das familias foi estupenda. Un traballo magnífico!
Xa estamos no mes de S. Xoán, xa empeza o verán. O mes no que as fogueiras e os ritos vencellados aolume e a auga cobran importancia. Onde a sardiña molla o pan, e preparamos as nosas herbas de S. Xoán para lavarnos a faciana na mañanciña.
Onde empezan as vacacións e remata o curso. Boas vacacións por adiantado!
Se queredes coñecer máis dos ritos e costumes vencellados a este mes, premede na información adxuntada.