O ATLÁNTICO PARTE DE TI
O pasado 28 de xaneiro de 2022 os alumnos e alumnas de 5º e 6º participaron no programa "O Atlántico parte de ti", organizado polo Concello da Coruña en colaboración coas consellerías de Deportes e Educación, e que ten como finalidade acercar o mundo da vela á rapazada destas idades. A primeira hora da mañá acudimos ás instalacións do RC Clube Náutico da Coruña, onde os monitores nos recibiron e explicaron en que ía consistir a xornada.
O obxectivo desta actividade complementaria era adquirir as técnicas básicas da vela, ademais de coñecer, comprender e respectar as normas de seguridade e protección para practicar actividades e deportes acuáticos. Foi unha experiencia sumamente divertida, interesante e enriquecedora na que o bo tempo se aliou con nós e a única pega foi que o vento fixo que nos tivesen que remolcar para voltar ao porto.
Aprendemos terminoloxía específica do mundo da vela... A que xa non volveredes a dicir "corda", senón "cabo" ou a confundir babor e estribor? E para poñerlle a guinda ao pastel o director do clube permitiunos facer unha breve viaxe nunha embarcación a motor... A zodiac.
Agardamos que esta visita poida repetirse no vindeiro curso e, en calqueira caso se quedastes con gañas de máis, podedes participar nalgún dos campamentos de verán ou cursos de navegación que ofrecen.
Xa para finalizar, déixovos o link do vídeo que resume á perfección que "O Atlántico forma parte de nós":
https://fb.watch/b2jdkV8xO2/