O día 28 de abril iamos celebrar no Parque de Vioño, o II Día da Educación Física na rúa do Colexio Cornide. Convertemos ese día, no Día da Educación Física na casa #DEFC
Propóñovos que me enviedes un vídeo facendo actividade física, despois farei unha montaxe con todos e publicareino na web do cole o día 28 de abril.
- Simplemente tes que gravarte facendo un exercicio.
- Faino coa cámara en vertical.
- Duración do vídeo: Son catro exercicios que duran 4 tempos cada un. Tedes abaixo o enlace a un vídeo de demostración no que tiven un gran axudante.
- NON MOVER a cámara durante a gravación.
Envía o vídeo ao enderezo: ratocornide@gmail.comou por Whats App ao móvil do cole
Prazo de entrega: Do 22 ao 26 de abril
Estes son os exercicios que podedes facer: