Creemos un circuíto eléctrico en Scratch

Como xa dixemos no Barquiño de papel do mes de novembro, deixámovos aquí os materiais (o fondo de pantalla e as imaxes necesarias) para realizar este sinxelo xogo que consiste na realización dun circuíto eléctrico.

Temos que programar para que a bombilla se acenda cando estea ben colocada no circuíto, e tamén o interruptor. Para que funcione, ademáis, temos que facer que o interruptor se poña en "on" cando poñamos o rato por riba del.

É un proceso complicado, xa que temos que facer que a bombilla e o interruptor teñan dous disfraces, un apagado (off) e outro acendido (on).

Tamén temos que crear dúas variables, para que o programa saiba se se cumpren as condicións para acender a bombilla.

Tanto para o interruptor como para a bombilla temos que programar a súa función cunha variable condicional.

Por último o interruptor tamén temos que programalo para que se poña en posición de encendido cando poñamos o rato por riba del, por suposto con outra condicional.

Animádevos a realizar este reto, estamos convencidos que despois de trastear un pouco iremos conseguindo que funcione. Veña, que sodes uns "cracks"!!!

AnexoTamaño
fondo de pantalla.gif6.01 KB
bombillaoff.png2.52 KB
bombillaon.png4.09 KB
interruptoroff.png727 bytes
interruptoron.png1.08 KB

Powered by Drupal - Design by artinet