Dependencias do Centro
admin
Planta baixa
- Dirección: Neste espazo atoparás a Paco de 11:00 a 12:00. Ademais está a multicopista (rendible a partir de trinta copias), material fotográfico...Ao pé da porta está a mesa de Emilio (o conserxe).
- Secretaría: Alí atoparás a Merche de 12.30 a 13.30, así como as cousas que che fagan falla relativas a expedientes, circulares,... Na secretaría tamén está a fotocopiadora de uso persoal. Anexo á secretaría está un cuarto onde se almacenan os DOG e onde está o papel continuo.
- Biblioteca: (parte dereita da planta baixa). Nela atoparás a Xoaquín de 10:00 a 11:00. Ademais todos os cursos que o desexen poden visitala acompañados do seu titor/a, despois de pedir horario. Cada profesor/a ten que ter carné de biblioteca para os préstamos. Fala con Xoaquín que che explicará as normas.
- Aulas de Infantil: ocupan a parte esquerda da planta baixa do colexio.
- Sala de Profesorado: Nela xuntámonos para facer as reunións e para tomar o café (e o que caia) nos recreos.
- Comedor Escolar: Situado na parte central e, temporalmente, no corredor da Biblioteca. Fai uso del o alumnado transportado e tamén do Barco. Vixíano nais coidadoras.
- Cuarto da ANPA e das Coidadoras: Situado ao principio do corredor de Dirección. Neste espazo reúnense de cando en vez os pais/nais. Nel atoparás as coidadoras.
- Sala de recursos: Aquí atoparás seis ordenadores e tres impresoras para uso exclusivo do profesorado. Tamén se atopan os paquetes de folios. Hai “taquillas” para uso persoal dos profesores.
- Salón de Actos: Situado ao final do corredor de Dirección. Utilízase como Aula de vídeo, para determinadas reunións cos pais, para charlas, para algún festival ou representación...
- Aula de Psicomotricidade: Situada na parte traseira do Salón de Actos. Úsase para as clases de Psicomotricidade de Infantil.
- Cuarto da fotocopiadora: Situado ao final do corredor de Secretaría.
1º andar
- Aula de Informática: Situada na parte esquerda do 1º andar. O alumnado a partir de 5º de Primaria vai a ela co profesor/a encargado desta materia. Ademáis, os cursos que o desexen, poden ir co seu titor/a, despois de pedir horario.
- Aula de Inglés: Situada na parte esquerda do 1º andar ao lado da aula de música.
- Aula de Música: Situada na parte esquerda do 1º andar. Os nenos/as utilízana cos especialistas desta materia na hora de Música.
- Aulas de 1º 2º e 4º curso.
- Aula multiusos.
2º andar
- Aulas de 4º , 5º e 6º.
- Dous espazos usados para aulas de apoio e outros.
Outras dependencias
- Pavillón: Situado na parte traseira do colexio. Os nenos/as utilízana cos especialistas desta materia na hora de Educación Física. Tamén se usa nos recreos de Comedor cando chove.
- A Casiña: Alí están as aulas de PT, AL e o Departamento de Orientación.
- Aulas de PT: a elas acoden aqueles nenos/as que polas súas características así o requiren. Existen dous espazos na terceira planta do colexio que se utilizan ocasionalmente como aulas.
- Aula de AL: Igualmente van a ela os nenos/as que polas súas necesidades así o requiren.
- Departamento de Orientación: Alí podes atopar á orientadora, Natacha. Normalmente o profesorado acostuma a utilizar a hora de garda, sempre e cando non ten algunha substitución para falar da marcha escolar dalgún alumno/a.
Test key: 24