Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

XVI MARATÓN FENE LENDO MULLERES

O día 8 o alumnado de quinto participamos no XVI Maratón Fene lendo Mulleres que organiza a Concellaría de Benestar e Igualdade.Escollimos para este día un texto sobre Antía Cal do libro "Mulleres e educación en Galiza.Vidas de mestras" de Aurora Marco e un conto de Nunila López Salamero e Miriam Cameros ao que lle engadimos unha pequena banda sonora.Despois da lectura, convidáronnos a unha merenda saudable e aproveitama para visitar a exposición da artista fenesa Carme Romero "Meigas, sabias e mulleres boas". Eso sí, antes de marchar, na biblioteca do noso centro fixemos o noso Centieiras lendo Mulleres para todos os nosos compañeiros e compañeiras. Foi unha xornada completa!!!

 
Aquí podedes ver os vídeos das nosas lecturas