Skip to Content

Mandalas con Puntillismo

Os alumnos/as de 5º e 6º curso están feitos unhos artistas!

Compartimos con todos vos, as verdadeiras obras de arte que elaboraron na área de Educación Artística.

A creación de Mandalas coa técnica do puntillismo abre a creatividade en todos os sentidos: conecta coas cores e as súas posibles combinacións, o armado de novas formas, a procura dos diferentes tamaños nos puntos, onde aplicalos, a procura de secuencias, etc. 

A realización de mandalas con puntillismo é unha actividade totalmente inspiradora e motivacional que activa os dous hemisferios do cerebro, ampliando as capacidades cognitivas da persoa que o realiza.

Esta actividade creativa e recreativa, onde os mandalas son formados coa técnica de puntillismo, é moi beneficiosa para obter relaxación e aquietamiento.

A elaboración de mandalas é unha actividade moi positiva, a simple actividade de crear formas e cores por medio das secuencias de puntos axuda a exercitar a memoria, debido a que esta actividade mellora e mantén activo partes importantes do noso cerebro, axudando ao mantemento e reforzamento da área encargada da memoria.

É unha actividade que todos e todas poden realizar pero en especial é moi recomendada para persoas tensas, nerviosas, sendo, é un exercicio moi efectivo ademais da estimulación da memoria axuda a acougarse e relaxarse.

 



blog | by Dr. Radut