Skip to Content

Desfrutamos do Bádminton

O bádminton é un deporte de raqueta coa mesma dinámica que o tenis pero con moitas diferenzas que se converten en vantaxes.

Para empezar, tanto a raqueta de bádminton como o volante ou pluma que se utiliza son moito máis lixeiros que unha raqueta ou unha pelota de tenis, polo que o impacto non afecta o desenvolvemento das articulacións dos nenos. Pero ten moitos máis beneficios. Entre eles:

- Desenvolvemento de certas habilidades nos nenos, como a agudeza visual, a axilidade e a rapidez de reflexos, todas elas imprescindibles durante o xogo. A orientación, a percepción do espazo e a gravidade, pero tamén o equilibrio e a coordinación son outras das habilidades que se potencian coa práctica do bádminton.

- Ademais, trátase dun deporte onde a resistencia é tan fundamental como a velocidade, polo que os nenos afaranse ao esforzo físico e vénlles moi ben se no futuro elixen calquera outro deporte. Se ademais engadimos a mellora da psicomotricidade infantil e o bo desenvolvemento muscular, podemos converter ao bádminton nun dos deportes ideais para nenos de calquera idade.

- Pero non só atopamos beneficios físicos na práctica do bádminton. Estamos ante un dos deportes que máis gustan aos nenos porque é moi dinámico e divertido. Ademáis, pode ser un excelente remedio para a ansiedade infantil polo gasto de enerxía que xera e pola rapidez que require nos movementos.

 



blog | by Dr. Radut