Skip to Content

Pomba chea de PAZ

Esta semana os máis maiores do colexio, estiveron a realizar un fermoso taller que consistiu en axudar aos nenos e nenas a tomar conciencia dos diferentes valores que conleva a paz.

A través dunha dinámica entretida, reflexionasen sobre o concepto da paz e o seu significado.

Os alumnos/as de 5º e 6º de EP, tiveron ademais unha experiencia vivencial destes valores xa que o traballo consiste nunha posta en común, cooperación e colaboración de todos os participantes.

Entre todos e todas puidemos elaborar unha fermosa e colorida Pomba da Paz. Mediante esta tarefa común coa fomentouse un clima onde se ensaia a cooperación, a solidariedade, o respecto, a axuda e a vivencia común de afectos e alegría.

 



blog | by Dr. Radut