Skip to Content

Magosto no CEIP A Castellana

¡Qué ben o pasamos a semana pasada no Magosto do CEIP A Castellana!

Puidemos desfrutar dunha fermosa xornada de xuntanza entre familias, profesorado e alumnado. No pabellón fixemos unha actividade de MindFulness e despois un divertido circuíto de xogos populares, onde a Castaña era a protagonista. 

Posteriormente merendamos Castañas nun día fermoso para desfrutar todos xuntos dunha festividade tan nosa como é o Magosto. 



blog | by Dr. Radut