Hoxe temos o pracer de anunciar a creación da nova radio escolar Onda Vacaloura, que se desenvolverá dende o colexio.
Estamos moi entusiasmados coa posibilidade de compartir podcast de forma periódica co fin de fomentar as novas tecnoloxías no alumnado.
A nosa radio escolar será unha plataforma para a difusión de información e apredizaxe.
Queremos que sexa un espazo onde poidamos compartir noticias, opinións e moito máis. Tamén pretendemos involucrar ao alumnado, dándolles a oportunidade de desenvolver as súas habilidades de comunicación e fomentando a súa creatividade.
Coa nova radio Onda Vacaloura, esperamos facer a diferenza na nosa comunidade educativa e na sociedade en xeral. Queremos que sexa unha ferramenta para que todos os estudantes poidan expresarse e ser escoitados.
*Nota: Agradecemos o apoio de todos e todas nesta nova aventura radiofónica, en especial a ANPA e ao Concello de Aranga por axudarnos na adquisición do material. Agardamos contar coa vosa participación na escoita para facer desta iniciativa un éxito.
PODCAST 1. UNHA CONVERSA SOBRE A PAZ
PODCAST 2. A IMPORTANCIA DE MOVER O ESQUELETO
PODCAST 3. A IMPORTANCIA COMER SAUDABLE
PODCAST 4. LEMBRAMOS A ROSALÍA DE CASTRO