Skip to Content

O Samaín en 1º e 2º de Educación Primaria

Durante esta semana estivemos a traballar O Samaín nos máis pequenos de Educación Primaria. Fixemos moitas tarefas entretidas, nas que fomentamos o uso da lectura e coñecemos esta festividade.

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros.  

Porén, tendo en conta a relevancia cultural do devandito Samaín, quixemos traballalo en todos os niveis educativos do centro. 

 



blog | by Dr. Radut