Skip to Content

CREAMOS NEVE ARTIFICIAL!

O mércores pola mañá ao chegar ao colexio, atopamos neve no noso patio!

Como non puidemos saír xogar con ela, decidimos crear neve artificial dentro das nosas aulas!

Coa recente incorporación do auxiliar de conversa Noah, aproveitamos desde a materia de lingua inglesa para desenvolver este experimento tan incrible.

Para iso precisamos só dous materiais: cueiros e auga.

Unha vez que conseguimos crear neve decidimos pintala con témperas de diferentes cores para ver cal podería ser o resultado. Ademais, os compañeiros de 3º e 4º anotaron no carderno os pasos a seguir para non esquecerse.

 

Foi unha experiencia novidosa para o alumnado que lles permitiu vivenciar o inverno desde dentro da propia aula, axudándose da observación e o traballo en equipo.

Ademais, con esta actividade continuamos avanzando no proceso de lectoescritura, indagando nas artes plásticas e desenvolvendo o razonamento lóxico-matemático.



blog | by Dr. Radut