Skip to Content

Blogue de Pablo Sanchez

Traballamos a lectoescritura mediante o conto dos 3 Porquiños

Compartimos con todos vós unha actividade que fixeron os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil sobre o conto dos 3 porquiños para fomentar a comprensión lectora.

Este tipo de recursos narrativos permiten aos nenos e nenas desenvolver habilidades fundamentais para a súa aprendizaxe.

A través deste conto, os estudantes poden familiarizarse coa estrutura e os elementos básicos dun relato, o que lles axuda a comprender mellor a secuencia de eventos e a identificar personaxes, escenarios e accións.

Ademais, o conto dos tres porquiños ofrece oportunidades para traballar a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, e o enriquecemento do vocabulario.

Desta maneira, os nenos e nenas adquiren as bases necesarias para un desenvolvemento exitoso da lectoescritura, o que lles permitirá afrontar con maior confianza e seguridade os retos académicos futuros.

Facemos un mural pintando como Jen Starck

A pintura de Jen Stark é unha ferramenta inestimable para o desenvolvemento dos nenos e nenas. Compartimos con todos vós unha obra de arte que fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria.

A través das súas obras, os estudantes poden explorar a creatividade, a expresión e a imaxinación dunha maneira única e emocionante.

Traballar coa pintura de Jen Stark fomenta o desenvolvemento de habilidades como a coordinación man-ollo, a destreza manual e a apreciación da arte contemporánea.

Ademais, promove a expresión persoal, a colaboración e o traballo en equipo, ofrecendo aos nenos/as unha experiencia de aprendizaxe enriquecedora e divertida.

Festa da árbore 2024

No día de hoxe estivemos a celebrar a Festa da árbore no centro educativo, organizada polo Concello de Aranga en colaboración co colexio

Pola mañá puidemos desfrutar da solta dunha ave, así como de diversas actuacións que puidemos ver no pabillón do centro e unhos fermosos bailes dos rapaces e rapazas de baile galego.

Posteriormente os alumnos/as que participaron no Concurso organizado polo Concello de Aranga ensinaron os seus fermosos debuxos.

Agradecer ao Alcalde e a todo o Concello de Aranga polos agasallos e pola organización de todas as actividades.

 

Pola tarde, brincamos e xogamos moito nos hinchables, compartimos con todos vós algunha das imaxes.

 

De todos os xeitos, tedes moitas máis fotografías na galería; podedes acceder premendo aquí.

Días NON lectivos

Estimadas familias,

Recordamos que desde o 1, 2 e 3 de maio (ambos incluídos), non haberá clase ao ser días non lectivos.

Retomaremos as clases o vindeiro luns 6 de maio.

  • O 1 de maio é Día do Traballador.
  • O 2 de maio é o día Solicitado polo Colexio.
  • O 3 de maio é o día Solicitado polo Concello (festa de Santa Cruz de Aranga).

Gracias e un saúdo.

Celebramos o día do Libro

Celebrar o Día do Libro cos nenos/as é crucial para incentivar o amor pola lectura desde unha idade temperá. Esta celebración axuda a familiarización con libros e autores diversos, potenciando a súa imaxinación e habilidades lingüísticas.

Ademais, ao participar en actividades lúdicas e educativas relacionadas coa lectura, os nenos desenvolven unha maior comprensión e aprecio polas historias e culturas. Este tipo de eventos tamén promove valores importantes como a empatía e o respecto, ao expoñer aos nenos a diferentes perspectivas e experiencias a través dos libros.

No día de hoxe, os alumnos/as de 1º, 2º e 3º e 4º de Primaria estiveron a leer contos aos máis pequenos do colexio, os alumnos/as de Educación Infantil. Que ben o pasamos nun fermoso día de primavera desfrutando da lectura!

Aprendemos a encadernar!

Os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron a celebrar o día do libro mediante un fermoso e didáctico taller onde aprenderon a facer encuadernación. 

Posteriormente, elaboraron un libro coa vida de Cervantes e Shakespeare.

Compartimos por aquí algunhas das imaxes.

 

 

Festa da árbore 2024

José Luis Pico Espiñeira, director do CEIP A Castellana - Aranga, comunícalles que a Festa do Día da Árbore (programada polo Concello de Aranga), celebraráse o vindeiro Martes 30 de abril durante a xornada escolar neste colexio, coa colaboración do mesmo.

Realizaránse actividades para todos os nenos/as (animación, colchonetas, solta dunha ave...) tanto pola mañá como despois do comedor escolar. Recomendamos que os nenos/as veñan sen merenda para o recreo, así como sen mochila.

Polo que os horarios serán os mesmos que un día lectivo ordinario, tanto en relación a entrada e saída do transporte escolar, como do comedor para os nenos/as.

Cordialmente, o director.

Desfrutamos dun circuito na pista multideporte

Os alumnos/as de 1º e 2º de Educación Primaria, estiveron a desfrutar dun circuito de habilidade onde se traballaron as capacidades físicas básicas e a psicomotricidade dentro da pista multideporte do patio. 

Compartimos con todos vós, un vídeo destes pequenos grandes deportistas.

Coñemos máis sobre o compostaxe

A compostaxe é unha parte fundamental da educación ambiental nas etapas iniciais, como a educación primaria. Introducir aos nenos e nenas ao proceso de compostaxe axúdaos a entender o ciclo de vida dos materiais orgánicos e a importancia de reciclar e reducir o lixo.

Este coñecemento fomenta unha conciencia ambiental desde idades temperás, ensinándolles o valor de coidar o noso planeta. Ademais, ao participar activamente en actividades de compostaxe, desenvolven habilidades prácticas e aprenden sobre responsabilidade e traballo en equipo.

No día de hoxe os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria aprenderemon moito sobre compostaxe, grazas a unha charla que nos brindou o Concello de Aranga. 

Damos a benvida á Primavera!

Esta semana demos a benvida á Primavera, unha estación chea de ledicia e cor. 

Celebrar a chegada da primavera na educación infantil é crucial, xa que favorece o coñecemento e a conexión co medio ambiente, estimula a curiosidade natural dos nenos sobre o mundo que os rodea e fomenta o desenvolvemento sensorial a través da observación das mudanzas na natureza.

Compartimos con todos vós alguns dos fermosos debuxos de Educación Infantil.

Distribuir contido


by Dr. Radut