Skip to Content

RUTINA HIXIÉNICA EN CUARENTENA

   SE QUERES ESTAR SAN... LAVA AS MANS!!!

Aínda que estemos en cuarentena debemos levar unha rutina hixiénica.

Aquí veredes uns pasos hixiénicos imprescindibles para esta cuarentena:

  • Lavar as mans frecuentemente, isto é moi importante xa que hai un virus tan perigoso.
  • Lavar os dentes tres veces ao día para manter unha boa hixiene.
  • Tomar moitas verduras e cinco pezas de froita ao día para ser uns bós carnosáns.
  • Facer moito deporte, mínimo media hora ao día, a poder ser ao aire libre, podemos xogar ao fútbol, correr, etc, pero sempre antes disto estirar un pouco.
  • Tomar un pouco o sol, xa que aporta enerxía e o corpo produce vitamina D cando se expón á luz do sol.
  • Durmir entre oito e dez horas para estar preparados para un longo día.
  • Para entreternos un pouco, estar actualizados e adquirir máis coñecementos leemos algún libro, revista, reportaxe.
  • E por último, manter unha actitude positiva, polo tanto a sorrir. Guiño
AdxuntoTamaño
Ruta Hixiénica en Cuarentena.pdf197.08 KB


blog | by Dr. Radut