Skip to Content

Proceso de matrícula ordinaria para o curso 2024/25

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

O prazo fara formalizar a matrícula para o alumnado que presentou solicitude de admisión é do 20 ao 1 de xullo, ambos inclusive, e deberá facerse a través do modelo normalizado  ANEXO III-1 que pode descargar clicando no nome do documento ou solicitar xa impreso no centro debidamente cumprimentado, xunto coa documentación que se relaciona (agás que xa fixesen entrega dela no momento da solicitude de admisión ou reserva):

  • Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • Certificado médico (pediatria para escolarización)
  • 2 fotos tipo carné (non serán necesarias si se vai autorizar o uso da imaxe)

Informamos que a solicitude de admisión presentada fora de praza, obtivo praza no procedemento de adxudicación subsidiaria. Deberá formalizar a matrícula no prazo sinalado.

 

No caso de alumnado que non realizara solicitude de admisión ou de reserva no prazo indicado, o procedemento é o de matrícula extraordinaria, e debe ser xustificada (cambio de domicilio, violencia de xénero ou acoso escolar) co modelo de solicitude extraordinaria.

 

 



page | by Dr. Radut