Skip to Content

Configurar ABALARMÓBIL

Moitas veces, a pesar de ter instalado a APP de ABALAR MÓBIL non recibimos mensaxes. 

 

Imos intentar dar algunhas suxerencias de posibles erros que poden deberse a os datos que ten o centro, a como temos configurado o teléfono ou aínda así non sabemos como seguir.

 

Recomendamos comunicar ao centro que temos un problema, para que se comprobe que os datos do teléfono están correctamente no XADE, que é a aplicación onde Abalar asocia o teléfono a cada proxenitor.

 

O primeiro que debemos intentar é ir a web de espazo abalar: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/es

Nesta páxina podemos atopar información de utilidade, concretamente, na sección espacios, clicando en máis espacios

Agora escollemos abalarmóbil

Na nova ventana temos á esquerda. Neste menú temos respostas a preguntas sobre problemas habituais e sobre todo o enlace ao formulario onde o servicio técnico da Consellería nos intentará axudar a solucionar o problema

 

Esperamos que sexa de axuda, pero en todo caso, comunicade ao profesorado titor cando teñades problemas.



book | by Dr. Radut