Skip to Content

Protocolo COVID curso 2022/23

Atendendo ás Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023, as medidas COVID  nos centros educativos son obxecto de relaxación, retornando a certa normalidade, sempre e cando a situación sanitaria o permita.

A máscara será obrigatoria no transporte escolar para os maiores de 6 anos (agás casos xustificados).

Recoméndase o uso da máscara:

• A persoas que presenten síntomas compatibles coa Covid -19.

• A persoas con criterios de vulnerabilidade, especialmente en situacións de alta incidencia comunitaria.

• A persoas que presenten sintomatoloxía respiratoria, con ou sen sospeita de Covid-19.

Teñen unha información máis ampla neste enlace

Organización de grupos e espazos:

Desaparece o illamento dos grupos, o alumnado poderá agruparse indistintamente do grupo - clase. 

Entrada e saída do centro:

No centro voltamos á entrada do alumnado transportado polo portal do patio cando non chove ou pola entrada principal cando chove no caso de Educación Primaria. O alumnado de Infantil entrará acompañado da coidadora do transporte escolar pola porta principal. O alumnado non transportado seguirá a entrar e sair do centro pola porta da aula de paso, situada entre os dous edificios, dirixíndose o alumnado de primaria ao patio desde esa entrada.

Titorías, atención a nais e pais.

Voltamos tamén ás titorías presenciais, pero recomendamos solicitar cita previa.

Comunicación:

O centro empregará como canle principal de comunicación ABALAR (que permite recibir avisos, responder a mensaxes e solicitar titorías), polo que recomendamos a instalación da app e permitirlle as notificacións. Tamén empregaremos a páxina web e o correo electrónico así como as chamadas telefónicas.

Ademais, desde as titorías, empregarase a axenda (que repartiremos en canto as recibamos).

Na páxina web informaremos do horario de atención do equipo directivo, recomendando que se solicite previamente cita dado que este horario pode verse afectado por imprevistos.

Lembramos que estamos a súa disposición no centro para calquera dúbida.

 

 

 



page | by Dr. Radut