Skip to Content

blogue deendl

RESPOSTA_ CONCURSO E TI COMO DIS " A JIERRO"?

Desta volta era algo máis complicado. 

A jierro significa facer algo con moita insistencia ou tamén responder afirmativamente con moita insistencia. 

Daquela, a nosa palabra enxebre en galego é ABOFÉ. 

CONTACONTOS CON MARTA LADO E A PITA XEFA (26/02/2024)

O luns 26 de febreiro, con motivo do Día de Rosalía e mais do o Día da Muller, convidamos a unha autora da nosa contorna: Marta Lado! Co seu conto A pita xefadeleitará ao noso alumnado facendo visible a valía das nosas escritoras galegas.

Agardamos que o desfrutedes!

 

 

E ASÍ, CUN SORRISO NOS BEIZOS NOS DEIXOU MARTA SANTO E SINAL DA SÚA CALIDADE ARTÍSTICA E INTERPRETATIVA

VELAQUÍ ESTAS FERMOSAS IMAXES DA SÚA TEATREALIZACIÓN DO CONTO!

RESPOSTA E TI COMO DIS CAPUZARSE?

 

Desta volta había sorpresa... Pero para que vexades que moitas veces hai moitas solucións e que ademais Españe é diversa e coincidente.

 

Efectivamente capuzarse  en galego dise mergullarse! E daquela... onde se di capuzarse? Pois dise en máis dun sitio! En Aragón e Murcia. Calquera das dúas opcións é  boa, ou as dúas. 

 

NOVA PALABRA CONCURSO E TI COMO DIS? (Do 23 de xaneiro ao 6 de febreiro)

Aquí tedes a nova palabra proposta para estas próximas dúas semanas. 

Moito ánimo, e sorte!

CONCURSO DE CALIGRAMAS DÍA DE ROSALÍA

 

 

QUERIDOS ALUMNOS/AS!!

 

O MES DE FEBREIRO É O MES DA NOSA QUERIDA ESCRITORA ROSALÍA

 

DE CASTRO. POR ISO, PROPOÑEMOS UN CONCURSO DE CALIGRAMAS

 

QUE TERÁ COMO DATA LÍMITE O DÍA 20 DE FEBREIRO.

 

As actividades propostas para realizar son as seguintes:

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL:

Realizará un debuxo con forma de caligrama sinxelo a partir dun poema de Rosalía

(pode ser debuxo libre ou sobre proposta dos exemplos de fotografía que se lles facilitarán na

aula). Cada titoría decide os poemas que se poden traballar. 

 

ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 

Realizará un caligrama en fotografía a partir dun poema de Rosalía de Castro. (pode ser debuxo

libre ou sobre proposta dos exemplos de fotografía que se lles facilitarán na aula. Porén, terase

moi en conta a orixinalidade e a corrección e uso adecuado da lingua). 

Cada titoría decide os poemas que se poden traballar.

 

 

LEMBRÁDEO BEN!

 

TERASE EN CONTA A ORIXINALIDADE NOS DEBUXOS

 

E NO TRABALLO NA FOTOGRAFÍA, DEBUXO LIBRE DE

 

AUTORÍA PROPIA, 

 

ESCOLLA DO POEMA E FALTAS DE ORTOGRAFÍA,

 

PALABRAS CONTAXIADAS DO CASTELÁN (CASTELANISMOS).

 

 

EMPREGADE O DICIONARIO!

 

IMPORTANTE:

 

DEBEDES ENTREGAR OS TRABALLOS NAS CAIXAS DESIGNADAS

 

NO CORREDOR. 

 

 

Concurso E TI COMO DIS?

E coa entrada do novo ano, unha nova palabra proposta. Lembrade que cada palabra conta para o premi final! Gaña a persoa que máis palabras teña correctas coa bandeira adecuada e a comunidade correcta. Iso si... Non esquezades poñer o nome e seguide así de animados!! Seguro que a adiviñades!

 

PALABRA DO ANO 2023

Xa foron publicados os resultados das palabras máis votadas como palabras do ano.

Invitámosvos a acceder na páxina para votar pola palabra COOFICIALIDADE como gañadora entre as 6 palabras que se propoñen no  Portal das palabras (Tedes todas as palabras finalistas aquí abaixo).

O motivo de vos pedir que se vote por COOFICIALIDADE é que se corresponde coa temática do proxecto das Comunidades Autónomas que estamos a traballar na escola este ano. Sabes o que significa? Invitámoste a averigualo tamén!

É doado, só tes que introducir esta ligazón no buscador e votar por COOFICIALIDADE

https://portaldaspalabras.gal/elixe-a-palabra-do-ano-entre-estas-seis-propostas/

 

A fase de votación remata o luns 25 de decembro ás 23:59 horas. 

 

 

E TI COMO DIS?....AQUÍ TEDES A RESPOSTA Á PALABRA Llevar a Corcoles

ESTABADES NO CERTO? CLARO QUE SI. A RESPOSTA ERA A QUE PENSABADES.

Coma sempre, podedes consultar a páxina do dicionario da lingua galega. Seguide animándovos. Á volta de Nadal máis!

PALABRA DO ANO 2023

Ola!

A continuación déixovos a razón pola que a Real Academia Galega, decidiu promover esta idea coa que podemos participar todos e todas. 

"Por que promovemos esta idea? A lingua é o espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e nos preocupa en cada momento a cadaquén, a todos e todas como sociedade. O lugar onde as palabras existen con máis intensidade é a actualidade, ese día a día compartido no que, como tan claro nos queda nestes tempos pandémicos, o público e o privado conflúen, por iso escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos.

Decidir colectivamente cal é a palabra que identifica o ano que remata é tamén un xeito de resumirnos como o vivimos. No bo ou no malo. E o mesmo unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de agredecer e bo e de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra."

Tendo en conta que este ano o Proxecto do Centro é As comunidades autónomas, a palabra podería estar relacionado co tema. Desde Dinamización Lingüística propoñemos a palabra Veciñanza. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR. SÓ TEDES QUE IR A ESTA LIGAZÓN E METER A PALABRA QUE MERECE SER GAÑADORA: 

https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

SE TEDES PROBLEMAS COA RUTA DA LIGAZÓN PODEDES COPIALA E PEGALA NO NAVEGADOR OU SIMPLEMENTE INTRODUCIR NO BUSCADOR PALABRA DO ANO 2023

 

E TI COMO DIS?.... NOVA PALABRA!! (DO 5 AO 19 DE DECEMBRO)

CHIC@S.. AQUÍ TEMOS A NOVA PALABRA DESTAS SEMANAS... TODO UN RETOOOO!!

E TI COMO DIS?....AQUÍ TEDES A RESPOSTA Á PALABRA ABENDU

FOI MOI DIFÍCIL ?? POIS ESTADE ATENTOS AO SEGUINTE RETO..  Guiño

 

 

 

 

NOVA PALABRA - E ti como dis? (do 21 de novembro ao 5 de decembro)

Velaquí a nova palabra para esta quincena! Lembra consultala no DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA tamén para saberes máis. Seguro que che vai servir se o concurso se vai... complicando. Ánimo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut