Skip to Content

blogue deendl

SOLUCIÓN BABIÓN_ E TI COMO DIS?

Erectivamente babión é unha palabra procedente de Cantabria que na nosa lingua significa: "que ten ou demostra pouca intelixencia ou disposición".

A palabra máis empregada nesta zona é PARVO, malia que hai moitos sinónimos que podes consultar no dicionario da REAL ACADEMIA GALEGA. 

https://academia.gal/dicionario

Invitámoste a consultalos. Así saberás máis palabras na nosa lingua e poderás comprobar se a túa resposta foi correcta.

 

 

 

E tí como dis SERONDA

Pois oara aqueles que xa o sabedes ... Seronda é outono nalgunha das variantes do bable. Esta palabra foi a primeira que se publicou no corredor! Lembrade mirar sempre alí, ao lado da sala de profes. Houbo moita participación mesmo se esta palabra era de proba! Sodes vós os nenos e nenas os que debedes estar pendientes de se cambiou a palabra! A partir de agora non hai probas TODAS contan. De calquera xeito, os que participastes con SERONDA xa sabedes unha palabra máis. Seguro que hai algunha sorpresa nalgún momento con esa palabra... Ide pensando ideas!

 

Os que non participastes... podedes facelo achegando unha frase que conteña esa palabra na comunidade da que procede e a bandeira co nome da comunidade e o voso!!

Se o preferides, podedes participar metendo no buzón como se di noutra variante do bable. A bandeira e a comunidade son tamen obrigatorias e Non esquzadws o voso nome. 

Aos que xa participastes! Noraboa! Non tedes que volver facer nada coa palabra Seronda. Ainda que vos recomendamos que investiguedes esas outras maneiras de dicilo en bable por curiosidade e para aprender máis 

 Lembrade mirara sempre no corredor! 

Unha frase de exemplo:

Sería yá pel atunu, cuando a seronda

Tedes ata o 28 de novembro para participar en SERONDA frase ou variante

 

 

 

 

Concurso E ti como dis? Semanas do 7 ao 21 de novembro

Velaquí unha nova proposta de palabra para estas dúas semaniñas. Tedes ata o día 21 de novembro como data límite para concursar. Non esquezas poñer o teu nome, a comunidade e debuxar a súa bandeira. Tes un PDF por se dubidas. Ánimo!

 

CONCURSO DE HAIKUS DE OUTONO

Velaquí o primeiro concurso de Dinamización da Lingua Galega. 

Animádevos a participar. Tedes ata o xoves día 30 para participar, deixando o voso haiku nas caixas de correo do corredor da escola.

Mirade as instrucións no arquivo de AQUÍ ABAIXO e ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

A POLO PREMIO!   SORTE!

Vistoso, Otoño, Sale De, Follaje

 

 

 

 

CONCURSO DE CANTIGAS POPULARES

Boas!

Deixaremos aquí as diferentes actividades, que cambiaran cada 15 días, para poder participar no Concurso de Cantigas Populares. 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Ligazón: https://docs.google.com/presentation/d/1ln7KrMdfJWb6iFIIpsXmzppuqC5IHQ24CBbYc4BUBgw/edit?usp=share_link 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA!

Este curso para render homenaxe á autora, traballamos co libro “Parece unha rosa”. Todo o alumnado traballou co poema

para levar a cabo un vídeo no que cada curso recitou unha estrofa.

Deixamos a continuación a ligazón para acceder ao vídeo. Esperamos que vos guste.

Ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1Nh_4fFMc6OMjtd_McQxGL0C1dZMJSjr1/view?usp=sharing 

 

 

Ligazón á actividade do mural:

https://docs.google.com/presentation/d/1OtJ8XmrDfD8RTU6QQInYZd8t7TrmdqqVWIpmwGRKAVk/edit?usp=sharing

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

MANUEL MURGUÍA

 

Boas!

No mes de febreiro cúmprese o centenario do pasamento de Manuel Murguía, historiador, escritor e creador e primeiro

presidente da Real Academia Galega.

Deixamos a continuación actividades e información para coñecer mellor a tan importante personaxe.

Genially: https://view.genial.ly/635ec5a8c119af0019de9365

Historia: EXPO PASAMENTO MURGUÍA.pdf

Cuestionario: CUESTIONARIO EXPO MANUEL MURGUÍA.pdf

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

VOCABULARIO DO MAR - EDLG

Boas!

Deixamos a continuación todas as palabras mariñeiras que se recolleron durante esta primeira avaliación.

Tedes para practicar un cuestionario na anterior entrada do blog.

Esperamos que vos serva de axuda.

Ligazón: https://docs.google.com/presentation/d/1wLUrvszac7oQkOXfvQmidoA1fubQb6CZONrZ0T-ZQcU/edit?usp=sharing

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

PALABRAS MARIÑEIRAS - KAHOOT

Boas!

Este ano comezamos a traballar con palabras relacionadas co mar. Para afianzar ese vocabulario pensamos que podedes practicar cun xogo, por iso vos deixamos este cuestionario interactivo.

Hai dous un para Educación Infantil e outro para Educación Primaria.

Quedan a continuación as ligazóns para poder acceder.

Ligazón Educación Infantil: https://create.kahoot.it/share/e-i-palabras-marineiras/5f092355-8e9b-44c8-a775-842f29c646a9

Ligazón Educación Primaria: https://create.kahoot.it/share/e-p-palabras-marineiras/aaa4bbf2-a8a6-4417-ba29-057c0168f7fc

A finalidade desta actividade será cubrir un cuestionario final que vos entregaremos antes das vacación de Nadal.

 

Se queres aprender máis sobre o mar con este xogo podes practicar!

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

 

LIBRO GAÑADORES - V CONCURSO SAMAÍN - CEIP CARNOTA

Boas!

Deixámosvos a continuación o aviso de que xa podedes ver e ler, na biblioteca do centro, os microcontos e debuxos gañadores da V Edición do Concurso de Samaín.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

CEIP de Carnota

Distribuir contido


by Dr. Radut