You are here


Convocatoria de Bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares (curso 22-23) do Concello. sticky icon

A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o 27 de abril de 2022, acordou convocar as axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2022/2023. Mais información

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

 Documentos relacionados

Direccións relacionadas

 

Aprobada a convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares. sticky icon

 

27/04/2022. A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe a "Convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso escolar 2022/2023". Máis información.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023. sticky icon

Publícanse as listas provisionais de admisión de alumnado para o curso 2022/2023. As listas estarán dispoñibles no interior do centro.

RECLAMACIÓNS AO BAREMO

Ábrese o prazo de reclamacións de 5 días hábiles contados a partir do seguinte desta publicación (dende o 21 de abril ata o 27 de abril, ámbolos dous incluídos).

As reclamacións entregaránse na Secretaría do centro.

Dirección

INFORMACIÓN RELATIVA A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023 sticky icon

INFORMACIÓN RELATIVA A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

 

 

NIVEL

 

PRAZAS OFERTADAS TOTAL DE SOLICITUDES BAREMO

 

4º Educación Infantil

 

50 39

PROVISIONALMENTE ADMITIDAS

 

5º Educación Infantil

 

1 5

Hai que baremar.

 

6º Educación Infantil

 

6 3

PROVISIONALMENTE ADMITIDAS

 

1º Educación Primaria

 

0 2

Hai que baremar.

 

2º Educación Primaria

 

14 1

PROVISIONALMENTE ADMITIDAS

 
 
 
  • Os cursos 4º Infantil, 6º Infantil e 2º de Educación Primaria están todas as solicitudes admitidas PROVISIONALMENTE.

 

  • No curso de 5º Infantil e 1º de Educación Primaria teñen que entregar a documentación dos criterios alegados na súa solicitude para a sua baremación. (O prazo para a entrega de documentación será dende o 25 de marzo ata 7 de abril, ámbolos dous inclusive)

 

Admistración

 

Ampliación de prazo para presentación de solicitudes pola sede electrónica sticky icon

Bo día,

por motivos técnicos, a sede electrónica da Xunta de Galicia vén de ampliar 24 horas a presentación de solicitudes para o procedemento "ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos". Esta ampliación de prazo atinxe en exclusiva ás solicitudes presentadas por esta vía estando o prazo finalizado para a presentación por calquera outro medio.

BECAS NEAE sticky icon

Publicada no BOE (10/3/2022) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Prazo de presentación: 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive

Máis información

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicaranse despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO CURSO 2022/2023 sticky icon

Prazo de Admisión:

Será do 1 ao 21 de marzo, ambos os dous inclusive.

Horario de atención: L-V 9:00 - 14:00 H

                               Martes: 16:15-18:15 H

 

Presentación de solicitudes:

 

A solicitude do posto escolar será única e se presentará no centro no que o solicitante pretende ser admitido.

  • Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    • A través da aplicación Admisionalumno (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
    • Seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.
    • Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións.
    • Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  • Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

    • Deberá acceder con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital,

    • IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

    • Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

  • Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

 

Documentación a presentar coa solicitude:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

  • Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.

  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa. (Certificado de matricula)

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

NOTA: Cando a DEMANDA de prazas escolares sexa superior á oferta.

Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalados na solicitude de admisión.

A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio/s para efectos de determinar a puntuación correspondente.

A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio/s afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

 

OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2022-2023 sticky icon

 

Curso

Num. prazas ofertadas

Num. Prazas Apoio Educativo

Vacantes

4º Inf.

50

6

50

5º Inf.

50

0

1

6º Inf.

75

0

6

1º Pri.

50

6

0

2º Pri.

75

0

14

3º Pri.

50

0

2

4º Pri.

50

0

0

5º Pri.

50

0

0

6º Pri.

50

0

0

NOVAS SOBRE A RESERVA DA 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL PARA O CURSO 2022-2023 sticky icon

Estimadas familias: Segundo as novas recibidas  no día de hoxe , todo o alumnado de 6º Primaria que presentou a solicitude de reserva para cursar 1º ESO no vindeiro curso 2022-2023 foi admitido no IES Eduardo Pondal.
 
Terán que facer a matrícula no período de xuño-xullo.

Para calquera aclaración ou dúbida rogamos se dirixan ao IES Eduardo Pondal.  
 
Un saúdo  
Administración.
 

Fondo Libros curso 2024-25

Fondo Libros curso 2024/2025

Listado provisional.

Listado definitivo.

Entrega Vales para 1º e 2º EP.

Libros e material escolar 24-25

 

Libros de texto

Cambio ISBN de 2º EP

Material

(Listaxe a proporciona o titor/a)

 

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

EDLG  QUIROGA PALACIOS

 AbalarMóbil

Portada

ANPA ATHENEA