You are here
INFORMACIÓN RELATIVA A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023
INFORMACIÓN RELATIVA A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023
NIVEL
|
PRAZAS OFERTADAS | TOTAL DE SOLICITUDES | BAREMO |
4º Educación Infantil
|
50 | 39 |
PROVISIONALMENTE ADMITIDAS |
5º Educación Infantil
|
1 | 5 |
Hai que baremar. |
6º Educación Infantil
|
6 | 3 |
PROVISIONALMENTE ADMITIDAS |
1º Educación Primaria
|
0 | 2 |
Hai que baremar. |
2º Educación Primaria
|
14 | 1 |
PROVISIONALMENTE ADMITIDAS |
-
Os cursos 4º Infantil, 6º Infantil e 2º de Educación Primaria están todas as solicitudes admitidas PROVISIONALMENTE.
- No curso de 5º Infantil e 1º de Educación Primaria teñen que entregar a documentación dos criterios alegados na súa solicitude para a sua baremación. (O prazo para a entrega de documentación será dende o 25 de marzo ata 7 de abril, ámbolos dous inclusive)
Admistración
Ampliación de prazo para presentación de solicitudes pola sede electrónica
Bo día,
por motivos técnicos, a sede electrónica da Xunta de Galicia vén de ampliar 24 horas a presentación de solicitudes para o procedemento "ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos". Esta ampliación de prazo atinxe en exclusiva ás solicitudes presentadas por esta vía estando o prazo finalizado para a presentación por calquera outro medio.
BECAS NEAE
Publicada no BOE (10/3/2022) a convocatoria de becas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Prazo de presentación: 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive
A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicaranse despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.
PROCESO DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO CURSO 2022/2023
Prazo de Admisión:
Será do 1 ao 21 de marzo, ambos os dous inclusive.
Horario de atención: L-V 9:00 - 14:00 H
Martes: 16:15-18:15 H
Presentación de solicitudes:
A solicitude do posto escolar será única e se presentará no centro no que o solicitante pretende ser admitido.
-
Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
- A través da aplicación Admisionalumno (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
- Seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”.
- Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións.
- Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
-
Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
-
A través da Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B&ano=2018&numpub=1&lang=es)
-
Deberá acceder con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital,
-
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
-
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
-
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
Documentación a presentar coa solicitude:
-
Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
-
Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
-
Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa. (Certificado de matricula)
-
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
NOTA: Cando a DEMANDA de prazas escolares sexa superior á oferta.
Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo sinalados na solicitude de admisión.
A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio/s para efectos de determinar a puntuación correspondente.
A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio/s afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.
OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2022-2023
Curso |
Num. prazas ofertadas |
Num. Prazas Apoio Educativo |
Vacantes |
---|---|---|---|
4º Inf. |
50 |
6 |
50 |
5º Inf. |
50 |
0 |
1 |
6º Inf. |
75 |
0 |
6 |
1º Pri. |
50 |
6 |
0 |
2º Pri. |
75 |
0 |
14 |
3º Pri. |
50 |
0 |
2 |
4º Pri. |
50 |
0 |
0 |
5º Pri. |
50 |
0 |
0 |
6º Pri. |
50 |
0 |
0 |
NOVAS SOBRE A RESERVA DA 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL PARA O CURSO 2022-2023
Para calquera aclaración ou dúbida rogamos se dirixan ao IES Eduardo Pondal.
CAMBIOS DESTACABLES NO NOVO PROTOCOLO COVID
CAMBIOS DESTACABLES NO NOVO PROTOCOLO COVID
-
Todas aquelas persoas que obteñan un resultado positivo nunha proba de antíxenos serán considerados directamente como un caso confirmado. Para poder realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, deberá notificarse o positivo a Saúde Pública.
A notificación varía dependendo de como se realizase a proba:
Autodiagnóstico realizado CON supervisión dun farmacéutico: será o farmacéutico quen notifique o caso positivo a Saúde Pública.
Autodiagnóstico realizado SEN supervisión dun farmacéutico: a persoa debe cubrir o formulario de DECLARACIÓN RESPONSABLE DE AUTOTEST POSITIVO dispoñible na páxina web do coronavirus ou chamar ao 881 540 045.
-
Os conviventes dunha persoa considerada caso sospeitoso (alumno/a ou profesional), evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado do caso.
Ademais, os conviventes que non dispoñan dunha pauta de vacinación completa e tampouco foran diagnosticados da COVID-19 nos últimos 6 meses, deberán absterse de asistir ao centro educativo ata que se resolva a situación do caso sospeitoso.
As persoas vacinadas coa pauta completa ou aquelas que fosen diagnosticadas da COVID nos últimos 6 meses poderán acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo, extremando sempre as medidas de prevención. Por tanto, poderán acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo, extremando sempre as medidas de prevención.
-
A persoa diagnosticada da COVID-19 continuará co illamento domiciliario ata levar 3 días sen síntomas e sempre que pasasen 7 días desde que estes comezaron.
Non será necesario realizar unha nova PDIA para suspender as medidas de illamento nin para reincorporarse á actividade laboral.
RESERVA DE PRAZA PARA CURSAR 1º ESO NO IES EDUARDO PONDAL NO CURSO 2022-2023
Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
-
Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro. (Enlace https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action). -
Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
-
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »