Xa estamos en novembro, mes no que toda Galicia festexa a recollida da castaña.
Hoxe, 8 de novembro , no noso cole tamén desfrutamos desta festividade con degustación de castañas
e xogos tradicionais ( "a chave" , "os birlos", "os carozos", "a raia" , "os sacos", "a culler" e "o ferrón").
Ademais esta semana nas aulas estivemos decorando os cestos do magosto ambientados no Proxecto Documental
Integrado "Un ano de cine".
Preme na imaxe para ver o ben que o pasamos!