Fomento da lectura

As mochilas viaxeiras están en marcha

Ola a todos e todas!!

Só escribo para dicirvos que estou moi contenta porque xa están en marcha as mochilas viaxeiras de todas as aulas!!

Espero que desfrutedes moito con elas na compaña das vosas familias!

 

Aquí podedes acceder ao contido da mochila da aula de 3 anos, a modo de exemplo.

 

Saúdos.

 

Liatantoscontos

LIBROS DOS VENRES. AULA 3 ANOS.

Ola familias.

Os nenos e nenas de 3 anos a partir desta semana, os venres, levaremos para a casa un conto da Biblioteca.

O libro deberá volver ao cole no mesmo estado no que vai para a casa.

Visita do escritor PEPE MAESTRO (Actividade abril, mes do Libro)

O xoves 16 de abril recibimos na Biblioteca a visita de Pepe Maestro, autor dos libros recomendados para celebrar o Día do Libro.

Aquí tendes unhas imaxes do seu paso polo Cabada Vázquez:

 

Celebramos o DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O pasado 21 de marzo celebrouse o DÍA MUNDÍAL DA POESÍA, como foi sábado, no Cole celebrámolo o luns 23.

Preme aquí para acceder á mensaxe da Directora Xeral da UNESCO Irina Bokova.

cartel do día da poesía

23 de abril, DÍA DO LIBRO, Liatantoscontos quere saber...

Para celebrar o DÍA DO LIBRO Liatantoscontos quere saber...

Cales son os vosos libros preferidos e gustaríalle que o compartades cos vosos/as compañeiros e compañeiras.

Para participar traede "O LIBRO" ao cole e deixade por escrito (máximo unha carilla dun folio) por que é especial para vós.

Como vaian chegando irémolos expoñendo no espazo habilitado para a Biblioteca na entrada do cole.

Moitas grazas por colaborar.

Saúdos

Vai vindo o mes de abril... e con el o DÍA DO LIBRO

Vaise acercando o mes de abril no que, como sabedes, se celebra o DÍA DO LIBRO

De cara a esta conmemoración vainos visitar PEPE MAESTRO, autor entre outros de:

 

Powered by Drupal - Design by artinet