O noso blog de Dinamización Lingüística
Artigos recentes
Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA | hai 14 anos 22 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 16 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 16 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 16 semanas |
Revista "Ollos de auga" | hai 9 anos 27 semanas |
CORRELINGUA 2024
O pasado 28 de maio todo o alumnado e profesorado de educación infantil e primaria participou no Correlingua organizado
en A Estrada e no que participaron centos de alumnos de diversos centros da nosa contorna.
Baixo o lema "Dende aquí até acolá, galego xa!" percorremos as rúas de A Estrada uníndonos a esa carreira en prol da nosa
lingua para reivindicar o dereito de medrar en galego e garantir o seu uso no futuro.
Esta xornada tamén tivo outros momentos importantes como a lectura do manifesto do Correlingua na voz da "galetiktoker"
Leti da Taberna; a actuación do grupo "Gramola Gominola" ; a entrega de diplomas e agasallos para cada centro educativo
participante e a solta de globos.
Deixámosvos aquí unha pequena mostra dos numerosos carteis elaborados polo alumnado do noso centro para sumarse a
esta iniciativa e que os acompañaron durante toda a xornada, así como do diploma e libros que recibiu o noso centro por
participar no Correlingua 2024 e que estarán dispoñibles para todos vós na biblioteca do noso centro.
![RSS - CORRELINGUA 2024 Distribuir contido](/centros/ceipcabadavazquez/misc/feed.png)