O noso blog de Dinamización Lingüística
Contido popular
- ESPECIAL LUÍSA VILLALTA (RECUNCHO DA LINGUA DE RADIO ESTRADA)
- Samaín e magosto
- AS FAMILIAS CONTAN
- ENTROIDO CON STOP MOTION
- Obradoiros máscaras
- 25N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
- Visitamos Meteogalicia
- ESPECIAL AVELINA VALLADARES (RECUNCHO DA LINGUA)
- Coñecendo flora exótica invasora
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
Artigos recentes
Blogue do EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA | hai 14 anos 31 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para Educación Infantil e 1º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 25 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 2º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 25 semanas |
Actividades sobre Roberto Vidal Bolaño para 3º Ciclo de Ed. Primaria | hai 11 anos 25 semanas |
Revista "Ollos de auga" | hai 9 anos 37 semanas |
Tecemos xuntas a nosa tea
|
|
Hoxe recibimos no centro unha fermosa visita. O colectivo feminista Deza - Tabeirós quixo homenaxear á gran Rosalía de Castro dun dos xeitos máis orixinais e creativos. Un grupo de mulleres da nosa zona deseñou e creou un fermoso tapiz usando diferentes técnicas artísticas para que o puidesen desfrutar en exposición canta máis xente mellor.
A iniciativa consiste en que esta bela creación viaxe polos diferentes centros educativos do noso concello estando exposto nun lugar visible polo menos unha semana, para despois continuar o percorrido polos demais centros. Era unha actividade xa programada no curso pasado pero que ao igual que outras máis foi adiada polo confinamento ao que toda a poboación foi obrigada.
Comezamos nós pois, co orgullo e fachenda de darlle a merecida publicidade ás nosas grandes artistas, entre elas á coidadora do noso centro, Pili Torrado, que tamén participou na súa elaboración.
A situación deste ano non permite tampouco o desfrute pleno desta obra pois as visitas ao centro para as familias están restrinxidas, pero conformámonos con que poidades valorar e agradecer o traballo destas grandes creadoras. PARABÉNS!